InicioEconomíaExtreman as medidas de prevención en Alcoa tralo positivo dun traballador de...

Extreman as medidas de prevención en Alcoa tralo positivo dun traballador de alúmina

Trátase dun obreiro que foi analizado ao ser contacto dunha persoa que contaxiada; o comité reunirase este sábado coa Xunta e o 10 haberá unha manifestación na Coruña

Publicada o

O comité de Alcoa San Cibrao reunirase este sábado, 4 de xullo, en Santiago de Compostela co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Este é un dos encontros e mobilizacións que o comité pechou este venres en asemblea para próximos días mentres prosegue o proceso do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que conlevará o despedimento de 534 traballadores da planta de aluminio e outros 400 en empresas auxiliares.

REUNIÓN APRAZADA

O pasado mércores centos de traballadores manifestáronse ante a Xunta, en Santiago de Compostela. Aínda que ese día estaba prevista unha reunión do comité con Conde, esta finalmente non se produciu. O presidente do comité, José Antonio Zan, explicou esa xornada que se tomou esta decisión porque “a xente estaba moi quente”, de maneira que cría que o “mellor” era “deixala para outro día”.

O 10 DE XULLO, MARCHA NA CORUÑA

O seguinte encontro do comité despois do de Conde será o vindeiro martes, 7 de xullo, nunha reunión co secretario xeral de Industria, Raül Blanco, nun día do que tamén haberá unha mobilización á entrada da fábrica. Así mesmo, o 10 de xullo, venres, celebrarase unha marcha na Coruña para reclamar unha “solución” para a industria electrointensiva, convocada polos tres grandes sindicatos a nivel galego (CIG, CC OO, UGT). Sairá ás 19.00 horas do edificio dos sindicatos e terminará ante a Delegación do Goberno. Mentres, proseguirán as reunións entre o comité e a dirección da empresa, os días 9 e 12 de xullo, no marco da negociación do ERE, un proceso que terminará o 24 de xullo.

O TRABALLADOR ESTÁ ASINTOMÁTICO

Pola súa banda, o complexo industrial de San Cibrao incrementa as medidas de prevención fronte ao brote de coronavirus que afecta á comarca. Fontes da multinacional concretan que o pasado 1 de xullo detectouse un positivo, na planta de alúmina, que se suma ao caso dun traballador de auxiliares documentado hai algo máis dunha semana. Este obreiro, asintomático, é contacto cercano dunha persoa que resultou infectada, polo que foi identificada e testada polo Sergas. Todos os empregados cercanos da quenda están en seguimento, e na empresa estanse a realizar corentenas preventivas.

TELETRABALLO, CÁMARAS TERMOGRÁFICAS E TOMAS DE TEMPERATURA

Entre outras cuestións, volverá implantar o teletraballo, aprazaranse todos os traballos non esenciais, restrinxiranse as visitas, á vez que se revisará o aforo de vestiarios e comedores. Ademais, implantaranse de novo as cámaras termográficas para visitas, camioneiros e empresas auxiliares.  Tamén se tomará a temperatura como mínimo ao 20% do persoal. O uso de máscara é obrigatorio en toda a planta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...